O sábado 9 de maio a partir das 20:00, estaremos na Sala Clan(Xinzo), na celebracion do 10º aniversario do Centro Social Aguilhoar.
Garitosis 2015
Ben, estamos na final do concurso de bandas do Garitosis (sen ningún mérito, todo hai que dicilo). Pero o mellor de todo foi a festa que se montou o venres. Un concerto sen presión, pois os nosos contrincantes non puideron vir, e a xente dándoo todo.
Aos que nos prepararon unha cea estupenda, tod@s @s que se achegaron e a Asoc. Rúa da Música: obrigad@s rapaces!
Que ben se está cando se está (coma) na casa.
Garitosis 2015 Primeiro Asalto
Concerto na Sala Pueblo (Ourense)
O día 17 de Abril a partir das 19:30, estaremos no El Pueblo Café Cultural en Ourense, xunto a DTTS, RDK+JIMMY B, Malheira e Hidden Code.